Grandes Lugares Fontao

Grandes Lugares achégase a Fontao: un paraíso que se agacha no concello de Vila de Cruces. Un lugar cun prometedor futuro pero tamén con todo un pasado. No tempo en que o wolframio se pagaba a prezo de ouro, o poboado aloxaba aos traballadores das minas. Xa non hay minas e malia todo, a vila segue medrando.

Galicia exporta

DESDE GALICIA PARA O MUNDO ocúpase esta vez, de maneira especial, das incógnitas a despexar para saír da situación de crise na que se atopan algúns estados de Europa e que afecta tan directamente a Galicia.

No medio do que parece un caos, o país resiste grazas ás exportacións, que supoñen case un trinta por cento do PIB galego.

É dicir, os sectores produtivos galegos venden case tanto en España como no estranxeiro. Algúns mesmo aumentan as súas vendas en plena recesión.

De todo isto falará Carmen Chao cos expertos, pero tamén lles propón unha viaxe: Ortigueira, o máxico lugar onde atopa o seu primeiro refuxio o Cantábrico galego.

Ademais, o grupo “Nada Surf” lévanos de paseo polas rúas de Nova York e Budiño ao Festival de Ortigueira.