Presentación

Pórtico é unha produtora audiovisual fundada (como sociedade limitada) en 1991 no concello de Oroso (Coruña). Desde entón produciu máis de 100 traballos en todas as vertentes do audiovisual (do sector); cultura, arte, industria, sociedade, economía, saúde, medioambiente, deporte...

Desde a súa fundación vén realizando traballos para TVE Internacional e Rexional, TVG, Institucións, Entidades Públicas e Empresas Privadas que avalan a seriedade e calidade dos seus proxectos.

Un adecuado (coidado) tratamento profesional e humano xunto cun persoal estable en expansión que abarca todas as fases de produción audiovisual levaron á nosa empresa a crear unha estrutura coa autonomía e a operatividade suficiente para realizar todo tipo de proxectos. (equipos de rodaxe, postproducción, arquivo, audio, iluminación...)

Por iso, coincidindo con ese momento de desenvolvemento e crecemento, Pórtico trasládase en 2005 a unhas novas instalacións en Santiago de Compostela (que se adaptan máis ás súas necesidades como empresa).

Dispomos da mellor tecnoloxía en vídeo e imaxe dixital para facer realidade calquera proxecto.